Cerámica artesanal para hostalería: pezas para unha experiencia gastronómica
Na aldea, rodeadas de natureza e memoria, en Raposiñas deseñamos e creamos cerámica artesanal para hostalería, pensada para sorprender tamén nas mesas dos restaurantes. O noso camiño comezou co desexo de elaborar obxectos coidadosos, honestos e fermosos, e axiña descubrimos que a cerámica utilitaria —a que usamos a diario— é un vehículo perfecto para unir arte, funcionalidade e emoción.



