Cursos de cerámica en Galicia: crear coas mans, conectar co esencial
Hai algo especial na cerámica. Unha calma que chega mentres amasas a arxila, unha beleza que vai xurdindo a medida que modelas. Quen se achega a este oficio dende cero adoita facelo por curiosidade, por necesidade de expresión ou simplemente por gozar do proceso. Se buscas cursos de cerámica en Galicia, atopar un lugar onde aprender e reencontrarse co tempo lento, coa concentración, coas texturas e cos pequenos detalles que ás veces esquecemos.
Un taller para comezar camiños
En Raposiñas, un obradoiro situado na aldea de Lomba, na Pobra do Caramiñal, propoñemos unha aproximación á cerámica que vai máis alá da técnica. O curso de iniciación á cerámica artística é un espazo compartido, no que cada persoa pode explorar ao seu ritmo, con liberdade e co acompañamento necesario.
Non se require experiencia previa. Só hai que traer curiosidade.
Os grupos son reducidos e o ambiente é tranquilo e coidadoso. Nese contexto, exploramos distintas técnicas manuais de modelado como:
- O urdido con rolos, no que se constrúe a peza unindo tiras alongadas de arxila, coma se fosen cordas.
- A técnica das placas, que consiste en aplanar a arxila en láminas e ensamblalas para formar volumes de obxectos útiles ou decorativos.
Tamén hai espazo para a experimentación creativa con diferentes formas de decoración cerámica, como:
- Engobes, que son arxilas mesturadas con pigmentos minerais aplicados sobre a peza crúa para aportar cor e textura.
- Vidrados, que consiste en cubrir a peza cunha capa mineral que vitrifica no forno a alta temperatura (), creando acabados mates, brillantes ou satinados.
- Técnicas de terceiro lume, onde se engaden detalles decorativos despois de ter rematado a peza, mediante o emprego de aceites hidrosolubles e óxidos vitrificables ou calcas cerámicas recortables.
Todo está incluído: materiais, ferramentas e, sobre todo, un espazo para aprender sen présa, nun entorno no que o erro tamén forma parte do proceso.
Aprender cerámica entre natureza e valores
Este curso non é só unha introdución ao oficio. É tamén unha oportunidade para vivir a cerámica dende outro lugar.
Raposiñas é un obradoiro artesanal en plena natureza, onde cada peza fala da terra e da calma que aquí nos rodea. Traballamos con atención personalizada, acompañando de preto cada proceso, e apostamos por unha metodoloxía creativa e libre, que anima a expresarse sen normas ríxidas.
Facemos cerámica con conciencia: empregando materias naturais, cocendo paseniño e producindo de xeito sostible. Todo baixo os valores de Artesanía de Galicia, que avala a autenticidade do noso traballo.
Se che resoa
Quizais sempre quixeches probar. Ou simplemente eres unha persoa creativa. Ou precisas parar un intre para concentrarte e aprender a facer algo novo coas mans. Se ese é o caso, aquí hai un lugar preparado para iso.