Cerámica artesanal para hostalería: pezas para unha experiencia gastronómica
Na aldea, rodeadas de natureza e memoria, en Raposiñas deseñamos e creamos cerámica artesanal para hostalería, pensada para sorprender tamén nas mesas dos restaurantes. O noso camiño comezou co desexo de elaborar obxectos coidadosos, honestos e fermosos, e axiña descubrimos que a cerámica utilitaria —a que usamos a diario— é un vehículo perfecto para unir arte, funcionalidade e emoción.
Cerámica para restaurantes: comemos tamén cos ollos
Sempre sentimos interese pola cerámica pensada para o uso cotián: pratos, cuncas, vasos… Pezas que acompañan momentos íntimos ou celebracións compartidas. Co paso do tempo, e grazas á riqueza gastronómica de Galicia, decidimos dar un paso máis: colaborar con profesionais da restauración para deseñar vaixelas únicas, adaptadas ao estilo e personalidade de cada cociña.
Porque sabemos que, nun prato, non todo é sabor: tamén importa a textura, a cor, a presentación. A cerámica artesanal para hostalería permite elevar a experiencia dun comensal, transmitindo valores coma a identidade, o coidado e a orixe.
Deseños exclusivos e feitos a man
Cada colaboración comeza cunha conversa: que precisas? Que queres transmitir? Que tipo de peza vai a conter as túas ideas? A partir desa información, propoñemos modelos personalizados, tanto a partir do noso catálogo como deseñando pezas novas dende cero.
Ofrecemos dúas liñas principais:
- Colección Lomba: liñas xeométricas e formas contemporáneas inspiradas na natureza.
- Colección Mersé: pezas máis escultóricas, con referencias ao mar e á tradición galega, ideais para presentacións sorprendentes.
No obradoiro traballamos con greses, porcelanas e arxilas, e fabricamos os nosos propios vidrados a partir de materias primas naturais como o feldespato, o caolín o cuarzo ou as cinzas, inspirándonos sempre na paisaxe que nos rodea. As nosas coccións imitan procesos xeolóxicos e buscan texturas únicas, sensoriais e agradables ao tacto.
Cada peza elabórase de forma totalmente artesanal e recibe a nosa atención personalizada durante todo o proceso. Isto permite dispoñer dunha vaixela diferente, funcional e resistente, pero tamén emocional e chea de carácter.
A beleza do imperfecto: cerámica con alma
A cerámica de Raposiñas non busca a perfección industrial e, aínda que traballemos moito coas xeometrías, reivindicamos a beleza do orgánico, do irregular e o feito con calma. Cremos que a vaixela tamén pode contar unha historia, reforzar a mensaxe dunha cociña e emocionar aos comensais.
Ademais, sabemos que cada detalle importa dentro dun proxecto: por iso, ofrecemos opcións de personalización en tamaños, formas e acabados.
Descubre as coleccións máis populares da nosa tenda online.
Cerámica feita na aldea, pensada para ti
Se es chef ou hostaleiro/a e queres levar a túa proposta gastronómica a outro nivel, invitámoste a coñecer o noso traballo. En Raposiñas ofrecemos vaixelas de cerámica artesanal para hostalería feitas con amor, técnica e respecto polos materiais. Todas as nosas creacións contan coa xa recoñecida calidade da artesanía galega certificada pola marca Artesanía de Galicia.
Contacta connosco e axudámoste a crear a vaixela perfecta para o teu negocio.
Déixate sorprender pola cerámica feita a man, dende a aldea, con alma galega.