Cerámica artesanal para hostalería: pezas para unha experiencia gastronómica
Na aldea, rodeadas de natureza e memoria, en Raposiñas deseñamos e creamos cerámica artesanal para hostalería, pensada para sorprender tamén nas mesas dos restaurantes. O noso camiño comezou co desexo de elaborar obxectos coidadosos, honestos e fermosos, e axiña descubrimos que a cerámica utilitaria —a que usamos a diario— é un vehículo perfecto para unir arte, funcionalidade e emoción.
Cerámica artesanal galega dende a aldea
No mundo da decoración, as modas van e veñen. Porén, hai unha que chegou para quedar: a cerámica artesanal galega. Máis alá da súa funcionalidade, estas pezas convertéronse en protagonistas do fogar, combinando historia, sensibilidade e estética. En Raposiñas traballamos dende a aldea con paixón e coidado, apostando polo feito a man e a conexión co noso territorio.




