Bol Triangular Pequeno

17,00

Os vidrados das nosas pezas son todos diferentes. A día de hoxe empregamos dezaoito esmaltes diferentes que, combinados entre si, dan 324 posibilidades. En cada cocción experimentamos tamén con algunhas variacións dos esmaltes principais para xerar novos acabados.
Cada peza é única e a web non pode dar conta de todas elas. Por iso na tenda online en lugar de cores concretas ofrecemos grupos de cores.

  • Clear
- +
Description

COLECCIÓN LOMBA
A Colección Lomba é o noso primeiro xogo de pezas utilitarias. Son froito de observar o crecemento da horta cun prisma xeométrico. Con inspiración na olería tradicional galega e tamén na xaponesa. Trátase dun xogo de catorce boles e tres ámboas.

Os diferentes tamaños das pezas superpóñense para seren ao mesmo tempo decorativos e útiles.
Reproducimos tamén as pezas da colección cun grosor de parede moito máis fino para empregalas como cuncas de caldo, viño e licor. Porque o caldo é alta cociña, un bo viño non precisa de copa e un grolo coas amigas aínda pode ser un pouquiño máis xenial.

SKU: N/D Categoría:
Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “Bol Triangular Pequeno”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *